domingo, 4 de mayo de 2025

A nosa serie de TV favorita

Os alumnos e alumnas de 6º EP melloramos as nosas habilidades escritas e orais en lingua galega a través dunha exposición sobre a nosa serie de televisión favorita. Deste xeito, traballamos o formato escrito dunha ficha técnica para falar do argumento, localización, personaxes, curiosidades... Houbo para todos os gustos: dende series románticas coreanas, pasando por aventura ou anime, ata outras de animación e algunhas máis realistas.

















viernes, 20 de diciembre de 2024

Descricións de lugares especiais

Este primeiro trimestre, dende a materia de Lingua Galega estivemos a traballar as descricións, tanto de persoas como de obxectos e lugares. Por unha banda, practicamos a estrutura dun texto na escrita, coidando moito a ortografía, a puntuación e a redacción deste tipo de textos.

Ademais, tamén tivemos ocasión de expoñer de forma oral aos nosos compañeiros unha descrición detallada dun lugar familiar para nós. Algúns escollemos a nosa vila (Pontedeume ou As Pontes), outros optamos por cidades espalladas por toda a xeografía española, dende Madrid a Benidorm, e outros preferimos lugares un pouquiño máis afastados, como Roma.

Despois de redactar por escrito dita descrición, elaboramos un Canva personalizado e expuxemos o noso traballo aos nosos compañeiros. Houbo tamén tempo para unha quenda de preguntas despois de cada presentación, pois os demais compañeiros tiñan curiosidade por saber máis cousas sobre os nosos lugares. Aprendemos datos interesantes, que é do que se trata!




















lunes, 11 de noviembre de 2024

Obradoiro literario arrepiante en lingua galega

Hai uns días, aproveitando que estabamos nunha das nosas épocas do ano favoritas, o Samaín, os nenos e nenas de 6º EP dedicamos varias sesións de lingua galega a crear lendas sobre a vila de Pontedeume.

Para esta tarefa, traballamos en equipos de cooperativo. A profesora propuxo cinco localizacións da nosa vila (a nosa escola, as Fragas do Eume, a Torre dos Andrade, a ponte e a Praza Real), que despois repartimos para poñernos mans á obra.

Creamos lendas terroríficas e moi orixinais, que tivemos que pasar a ordenador e decorar con debuxos feitos a man para colocar nun mural no corredor do noso andar. Ollade!
















jueves, 31 de octubre de 2024

Welcome to our Halloween parties!

 En la materia de inglés, los estudiantes de 6º EP hemos trabajado la celebración de Halloween a través de un mini proyecto que titulamos “Welcome to our Halloween parties!” (“¡Bienvenidos a nuestras fiestas de Halloween!”).

Tras haber aprendido las expresiones “How about going..?” y “Would you like to…?” mediante un video y diálogos orales con los compañeros, las pusimos en práctica mediante un diálogo por escrito en el que un amigo nos proponía asistir a una fiesta.






Divididos en equipos cooperativos, creamos también el cartel de dicha fiesta. Cada póster debía contener el nombre, el lugar y la hora de la misma, además de alguna frase de reclamo para el público.




 ¡Nos quedaron así de vistosos!


Por último, creamos invitaciones más elaboradas para todos aquellos que quisieran asistir a nuestros terroríficos eventos. Para ello, seguimos un mapa de escritura que nos sirvió de guía para incluir todos los datos necesarios. 



Si queréis ver el resultado de nuestro trabajo, ¡pasaos por el pasillo de 6º de Primaria!