lunes, 8 de abril de 2024

Proxecto "Fagamos vida sa"

Durante as últimas semanas do 2º trimestre, os nenos e nenas de 6º EP estivemos a traballar nun proxecto moi interesante sobre alimentación saudable e vida sa, na materia de Ciencias da Natureza.


Comezamos coa rutina de pensamento CSI (cor-símbolo-imaxe), coa que fixemos visible o noso pensamento e plasmamos de forma gráfica o que é para nós levar unha vida saudable. A maioría relacionamos este concepto coa alimentación e o exercicio físico, pero ao longo do proxecto fomos descubrindo que tamén hai outros factores importantes.



Continuamos cunha alálise sobre os nosos hábitos diarios, con respecto á nosa alimentación, hixiene persoal, descanso, actividade física... Primeiro cubrimos unha táboa e despois, en gran grupo, analizamos as nosas respostas.


Tamén levamos a cabo a destreza de pensamento "Resolución de problemas". En equipos de cooperativo, intentamos buscar solucións a un problema que está moi presente en diversos países: o sobrepeso infantil. Obviamente, é unha problemática que vén determinada polo estilo de vida sedentario e a mala alimentación de moitas familias. Case todos os equipos coincidimos en que a solución é levar unha dieta equilibrada e facer exercicio semanal, adaptándoo ás nosas necesidades.



Unha das partes máis interesantes deste proxecto foi a relacionada coa análise do etiquetado nutricional de diversos produtos que temos na casa. Cada un de nós seleccionou dúas etiquetas: unha dun produto saudable (cereais, pan integral, iogur natural...) e outra doutro menos saudable (galletas de chocolate, cereais con azucre, lambetadas...). Aprendemos que as etiquetas poden dar moita información importante: os nutrientes que contén o alimento, as quilocalorías, a cantidade de sal e azucre, a caducidade, os alérxenos... Incluso algúns produtos inclúen o que se coñece como "semáforo nutricional". Plasmamos a nosa investigación e análise nunha cartolina individual.


O produto final deste proxecto foi o deseño de propostas de menús saudables en equipos, en forma de tríptico. Cada grupo escolleu pratos e alimentos saudables e completos nun menú de luns a venres, incluíndo almorzo, xantar, merenda e cea. Saíron opcións variadas, sas e saborosas! Para finalizar, expuxemos os nosos menús ao resto dos compañeiros. Aprendemos unha morea de cousas!



lunes, 19 de febrero de 2024

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os alumnos e alumnas de 6º EP fomos convidados polo Concello de Pontedeume, xunto con outros centros da vila, a asistir a un encontro aberto con Clara Correa Paz, unha científica eumesa que é todo un referente para as novas xeracións de investigadores e investigadoras.

No encontro, que tivo lugar na Casa da Cultura, Clara, licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutorada en Medicina Molecular, falounos da súa traxectoria profesional, dos seus logros e das súas vivencias. Tamén nos fixo ver o importante que é que desaparezan as barreiras e os estereotipos de xénero para que as mulleres e nenas non atopen impedimentos e poidan participar en todos os eidos da ciencia.

Foi unha charla moi interesante e moi necesaria! Grazas, Clara! 💜






lunes, 29 de enero de 2024

Traballamos en equipo

Os nenos e nenas de 6º EP xa levamos tres semanas aprendendo xuntos nos novos equipos de traballo cooperativo. Ao inicio de cada trimestre, elaboramos o plan de equipo, a través do cal fixamos os nosos obxectivos de aprendizaxe e os nosos compromisos persoais. Deste xeito, asegurámonos de que cada membro cumple a súa función para poder traballar e aprender en harmonía.

Ademais, en todas as materias seguimos levando a cabo dinámicas de cooperativo en determinadas actividades, nas que todos e cada un de nós aportamos ideas e respectamos as dos demais.

Aquí vos deixamos imaxes dunha tarefa que fixemos a semana pasada na materia de Ciencias Socias: un folio xiratorio a través do cal repasamos o relevo de Europa.






domingo, 14 de enero de 2024

Genially: repasamos contidos con xogos interactivos

Os nenos e nenas de 6º EP somos conscientes do valor educativo das novas tecnoloxías e sempre as empregamos de xeito responsable. 

Para reforzar contidos dos últimos temas estudados en Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, a finais do primeiro trimestre estivemos a traballar a través de Genially, unha ferramenta en liña de creación de contido interactivo.

En equipos de cooperativo, xogamos a un xogo de mesa virtual para repasar os climas e as paisaxes e a un escape room moi divertido sobre o corpo humano. Deste xeito, divertímonos estudando e traballando xuntos!


martes, 9 de enero de 2024

Proyecto de Educación en Valores: Wonder

Este curso, los niños y niñas de 6º EP tenemos una nueva materia: Educación en Valores Cívicos y Éticos. Durante el primer trimestre, trabajamos contenidos de la misma mediante un pequeño proyecto basado en la película Wonder, en la que se trata la lucha para superar las adversidades y conseguir quererse a uno mismo a través de los ojos de Auggie, un niño que padece el síndrome de Treacher Collins.

Fue muy interesante ahondar en nuestras emociones, en la amistad y el problema que supone el acoso escolar. Aprendimos nuevos valores y compartimos sensaciones e ideas propias con nuestros compañeros.

Finalmente, plasmamos todo lo trabajado en un bonito mural que colocamos en el pasillo de nuestra planta. ¡Mirad!