lunes, 25 de octubre de 2021

Traballamos co microscopio

Xa reatamos o tema de Ciencias da Natureza relacionada coa célula e os seus compoñentes. Un dos apartados de dito tema describía o uso do microscopio cando se trata de estudar esta unidade fundamental que forma parte de todos os seres vivos.


O noso compañeiro Marcos decidiu traer á clase un microscopio moi completo, xa que este ano, por mor da Covid-19 non podemos baixar ao laboratorio. Explicounos como se usa, as partes que o conforman e incluso puidemos conectalo á pantalla da aula para ver mellor. Deste xeito, observamos de forma aumentada varias mostras que trouxo Marcos e que nos fixeron decatarnos do minúsculos que son os compoñentes das cousas que nos rodean e dos organismos vivos en especial.





lunes, 11 de octubre de 2021

Investigamos sobre o volcán de Cumbre Vieja

Estas últimas semanas, a noticia da erupción do volcán de Cumbre Vieja na illa da Palma deixounos co corazón nun puño a todos. As imaxes que saen na televisión son terribles e fermosas á vez e amosan todo o poder destrutivo da natureza.


Todas estas sensacións que nos provoca a traxedia leváronnos a preguntarnos moitas cousas sobre o que acontece no volcán, polo que os alumnos e alumnas de 6ºEP decidimos levar a cabo unha pequena pero esclarecedora investigación que nos axudase a resolver as nosas dúbidas e a saciar a nosa curiosidade.

Estamos contentos de poder comezar a traballar con normalidade pouco a pouco, xa que as restricións xa nos permiten xuntarnos de cando en vez, sempre mantendo a distancia de seguridade. Grazas a isto, dividímonos en equipos. Tivemos que poñernos na pel de reporteiros e vulcanólogos enviados ao lugar dos feitos para recoller información importante, que despois trasladamos ao papel. Foi unha semana de recollida de datos, debate e aprendizaxe que se viu reflectida nun traballo que despois compartimos co resto da clase.







Queremos mandar todo o noso ánimo e agarimo á xente que está sufrindo as consecuencias da catástrofe. Moita forza, palmeiros! 💓