miércoles, 23 de noviembre de 2016

O equipo "Picasexto" conta as nosas aventuras. Unha semana moi artística! (14/11/16 - 18/11/16)

Bos días, somos o equipo "Picasexto" (Pedro, Clara, Iker e Alexia) e ímosvos contar como foi a nosa semana...


Temos novos roles nos nosos equipos cooperativos. Ata agora levámolos moi ben, está ben cambiar de vez en cando.


En horta escolar comezamos a construir os nosos propios sistemas de regadío...



Coa axuda dos nosos compañeiros, conseguimos construílos.




E seguimos a coidar dos nosos amorodos, algúns xa enraizaron e xa podemos cortar a ramiña que o unía co "amorodo nai"...




En CCNN fixemos unha destreza de pensamento na que analizamos as partes e todo dunha planta e comezamos a facer maquetas.



En inglés representamos os role-play, unhas obras de teatro moi interesantes.



En CCSS fixemos mapas babilonios en arxila branca,e os expusimos fora para que os poideran ver todos.







En desdoble de lingua xogamos a un xogo moi divertido de que dicían unha palabra e nós tiñamos que dicir se tiña til, i griega, h...



E en Arts & Crafts os que tiñamos material modificamos as nosas cortinas de follas de outono e os que non, comezamos unha lámina sobre as cores primarias foi moi divertido.



Gústavos como quedou?

Un saúdo dende "A sexta parada".



Proyecto "¡Ponte en forma!"



Esta semana hemos terminado el proyecto ¡Ponte en forma! en el que, por equipos, hemos investigado las distintas cualidades físicas (resistencia, flexibilidad, velocidad y fuerza). Cada grupo debía de recopilar información sobre una cualidad para luego exponerla a los demás compañeros de nuestra clase. También en el gimnasio hemos podido practicarlas y aprender a distinguirlas correctamente. Tuvimos la suerte de que una compañera de 4º de ESO, Paula, practica la gimnasia rítmica desde hace muchos años y ha participado en campeonatos gallegos y a nivel nacional, y nos ha explicado la disciplina y el esfuerzo que supone, además de la importancia del trabajo en grupo para obtener buenos resultados contándonos, incluso, experiencias propias. Para terminar este proyecto cada uno de los equipos de trabajo preparamos, según la cualidad que habíamos investigado, actividades para darles una pequeña clase a nuestros compañeros de 3º EP a través de estaciones para que fueran experimentando todas las cualidades. Hemos de decir que tuvimos muy buenos alumnos y...¡nos encantó ejercer de profesores!


viernes, 18 de noviembre de 2016

O equipo JJAK conta como foi a semana (7/11/16 - 11/11/16)

Bos días, somos o equipo JJAK (Karlos, Ainhoa, Jorge e Jessi), e ímosvos contar como foi a nosa semana...

En horta escolar, investigamos e deseñamos sistemas de regadío para os chícharos que imos plantar na aula. Foi moi divertido facer o sistema de regadío porque colaboramos todos e tamén o imaxinamos todos xuntos cos grupos de horta.







En CCNN, realizamos mapas mentais en equipo para recordar todo o que aprendimos sobre as plantas.






En CCSS, fixemos unha destreza de pensamento chamada "Compara e contrasta" comparando e contrastando diferentes tipos de mapas.



En Arts & Crafts, intentamos facer cortinas con follas secas e papel film pero en o papel film arrugouse moi facilmente e non saiu moi ben e o tivemos que facer con papel de forrar os libros.






Un saúdo dende "A sexta parada".