miércoles, 13 de diciembre de 2023

Describimos lugares especiais

 Este primeiro trimestre, dende a materia de Lingua Galega estivemos a traballar as descricións, tanto de persoas como de obxectos e lugares. Por unha banda, practicamos a estrutura dun texto na escrita, coidando moito a ortografía, a puntuación e a redacción deste tipo de textos.

Ademais, tamén tivemos ocasión de expoñer de forma oral aos nosos compañairos unha descrición detallada dun lugar familiar para nós. Algúns escollemos a nosa vila (Pontedeume ou As Pontes), outros optamos por cidades espalladas por toda a xeografía española, dende Madrid a Córdoba, e outros preferimos lugares un pouquiño máis afastados, como Venecia, Oporto ou París.

Despois de redactar por escrito dita descrición, elaboramos un Canva personalizado e expuxemos o noso traballo aos nosos compañeiros. Houbo tamén tempo para unha quenda de preguntas despois de cada presentación, pois os demais compañeiros tiñan curiosidade por saber máis cousas sobre os nosos lugares. Aprendemos datos interesantes, que é do que se trata!