Hai uns días,
aproveitando que estabamos nunha das nosas épocas do ano favoritas,
o Samaín, os nenos e nenas de 6º EP dedicamos varias sesións de lingua galega a
crear lendas sobre a vila de Pontedeume.
Para esta tarefa,
traballamos en equipos de cooperativo. A profesora propuxo cinco localizacións
da nosa vila (a nosa escola, as Fragas do Eume, a Torre dos Andrade, a ponte e
a Praza Real), que despois repartimos para poñernos mans á obra.
Creamos lendas
terroríficas e moi orixinais, que tivemos que pasar a ordenador e decorar con
debuxos feitos a man para colocar nun mural no corredor do noso andar. Ollade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario