jueves, 5 de mayo de 2022

Baixamos ao laboratorio

Esta semana, como parte da unidade que estamos a estudar na materia de Ciencias da Natureza, os alumnos e alumnas de 6º EP baixamos ao laboratorio da escola a realizar unha práctica moi interesante.

A unidade trata sobre as substancias e os cambios da materia e o que practicamos desta vez foron os distintos métodos de separación de mesturas. Deste xeito, traballamos en equipos e aprendemos a levar a cabo o proceso de filtración para separar un sólido dun líquido nunha mestura heteroxénea, a decantación para separar dous líquidos de diferentes densidades, como a auga e o aceite, a separación magnética ou o tamizado.

Despois da análise e observación dos resultados obtidos nos procesos de separación das mesturas, anotamos as nosas conclusións nunha táboa, repasando así todo o visto na clase estas últimas semanas.