miércoles, 25 de enero de 2017

O grupo dos "Imparables"

Somos o grupo dos "Imparables": Antón, Lucas, Nhoa e Lara.

Imos contarvos como nos foi a semana.

Esta semana comezou con mates a primeira hora, e tiñamos o cerebro moi durmido.



O martes viu David a axudarnos coa poesía, e coas nosas dúbidas sobre as sinalefas.




O seguinte día veu un compañeiro novo, chamado Juan,moi majo,  por certo.




O día seguinte fixemos a "maleta", é dicir, traer tres ou catro cousas que te identifiquen para presentarte aos demais. Pasámolo moi ben! :)




O xoves fixemoslle unha festa de benvida a juan, parece que lle gustou moito e pasámolo todos moi ben. Encántanos facer de anfitrións!




O venres rematamos as liñas do tempo da prehistoria. E chegou a hora de facer puntillismo.





Ata outra! Un saúdo dende a Sexta Parada.

domingo, 15 de enero de 2017

As primeiras aventuras do 2017 na "Sexta Parada"!

Despois de moito descanso volvemos coas pilas cargadas á "Sexta Parada", estas son algunhas das cousas que fixemos esta primeira semana.

Despedímonos dos nosos equipos cooperativos facendo un "abanico positivo" no que escribimos tódalas cousas positivas que descubrimos sobre os nosos compañeiros/as e creamos novos equipos. 

Analizamos os momentos estelares do 2016 en inglés e propuxémonos metas e propósitos para este ilusionante 2017.




Retomamos as labores na nosa horta, estaba chea de malas herbas e os pobres espantallos estaban case todos no chan. Traballamos moitísimo arrancando as malas herbas, clavando de novo os espantallos e montando o composteiro. 








Visitáronnos os nenos de Educación Infantil porque estaban intentando resolver quen fora o que fixera uns misteriosos buratiños nun taboleiro de axedrez...



En lingua castelá, Karlos expuxo o seu texto persuasivo sobre amortiguacións de bicicletas, quedamos abraiados con todo o que sabe sobre ese tema! E no desdoble xogamos a crear e dramatizar diálogos en situacións moi divertidas.






En galego seguimos traballando coa poesía coa axuda do mestre David, que ven a axudarnos os martes, e comezamos a analizar un novo poema titulado "Irmaus", co que temos que realizar unha "Acción poética" (ir recitándollo á xente pola rúa e anotar as súas impresións e comentarios sobre o mesmo).



Comezamos un proxecto en CCNN no que nos convertiremos en científicos tolos e crearemos experimentos para probar diferentes teorías sobre a materia e as súas propiedades; e en CCSS viaxaremos nunha máquina do tempo a diferentes etapas históricas.

Esta semana aprendimos a facer liñas do tempo cun programa online que se chama "Timeline".




E para rematar a semana dunha forma lúdica, despois de avaliar aos equipos e de ler o noso buzón de aula en titoría, Jorge deleitounos cunha sesión de maxia...


Un saúdo dende a "Sexta Parada"!

As últimas aventuras do 2016 na "Sexta Parada"!

Algunhas das últimas aventuras do 2016 na "Sexta parada" foron...

As visitas de dous interesantes personaxes... Xa que estábamos estudando os animais, algúns compañeiros/as decidiron que sería boa idea traer obxectos de estudo, e non puideron estar máis acertados, foi xenial!






Convertímonos en expertos do lobo das neves, do can "salchicha", do coello, do flamenco, da foca e dos caimáns. Cada equipo cooperativo escolleu un animal e investigou todo sobre el: o seus órganos e funcionamento, clasificación segundo a súa alimentación e reproducción, ecosistema no que habita, curiosidades, etc.















Tamén rematamos sendo expertos en plantas, xa que cada equipo cooperativo realizou unha posta en práctica do aprendido creando a súa propia maqueta coas principais partes das plantas e flores. E voluntariamente continuamos ampliando o noso caderno de plantas e expoñendo información sobre as que máis nos interesaban.









Tamén avaliamos os nosos equipos cooperativos tódolos venres nas sesións de titoría para detectar aspectos a mellorar e contamos con varios compañeiros/as que están sendo formados polo departamento de orientación como "mediadores", que nos ensinaron a detectar as situacións que se poden considerar "conflictos" e como poder actuar nelas.





Observamos como ían medrando os chícharos que plantamos na clase e fixemos espantallos para que no Nadal os paxaros non comesen o que plantamos.




Fixemos manualidades de Nadal con piñas e MANDÁMONOS POSTAIS CON NENOS E NENAS DE POLONIA!! Foi moi emocionante cando recibimos o sobre! :) Estamos facendo algunhas actividades con eles grazas ao proxecto de Erasmus + como o teatro de sombras de "Ancient Times".









Tamén comezamos un clube de letura na biblioteca, e estamos esperando a que nos den os libros para lelo e comentalo todos xuntos. O libro que imos ler chámase " O ferreiro da lúa chea".




Estas foron algunhas das cousas que estivemos facendo as últimas semanas do ano. Xa vedes que estivemos atarefados.

Un saúdo dende "A Sexta parada"!