Os alumnos e alumnas de 6º EP melloramos as nosas habilidades escritas e orais en lingua galega a través dunha exposición sobre a nosa serie de televisión favorita. Deste xeito, traballamos o formato escrito dunha ficha técnica para falar do argumento, localización, personaxes, curiosidades... Houbo para todos os gustos: dende series románticas coreanas, pasando por aventura ou anime, ata outras de animación e algunhas máis realistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario