lunes, 23 de enero de 2023

Unha rica ensalada!

Levábamos moitos días sen poder baixar ao horto xa que o mal tempo non o permitía. E cal foi a nosa sorpresa cando descubrimos o ben que estaban as nosas leitugas, polo que decidimos colleitalas. 
Cada un de nós fómonos moi contentos á casa cunha leituga polo que hoxe comeremos unha rica ensalada!








 

lunes, 16 de enero de 2023

Proxecto sobre a Unión Europea

Como parte da materia de Ciencias Sociais, os alumnos de 6º EP pechamos o primeiro trimestre levando a cabo un breve proxecto sobre a Unión Europea. Foi moi interesante e aprendemos moitas cousas sobre ela: os 27 países que a forman, así como as súas capitais, os países que son candidatos a entrar, as súas orixes e características ou os seus principais órganos de goberno. 

Tamén aprendemos o que significa os conceptos de "mercado único" e "libre circulación", así como formar parte da Zona euro ou do Espazo Schengen, e que vantaxes ten ser cidadáns da Unión Europea.

Ademais, realizamos unha investigacion por equipos. Cada equipo escolleu dous países membros e buscou información sobre eles: localización, clima, moeda, idiomas oficiais, tradicións, gastronomía... e espuxemos as nosas indagacións ao resto dos nosos compañeiros.




Con toda a información recabada, elaboramos un cartel informativo de cada un dos países, para despois colgalo nos corredores da escola, no que chamamos "Espazo Europa", un recuncho informativo para que todos os nenos e nenas da escola aprendan do noso traballo.










ESPAZO EUROPA