Este trimestre, os alumnos e alumnas de 6º EP estivemos sumerxidos nun proxecto de comprensión moi interesante que levamos a cabo dende a materia de Ciencias Sociais: “Stop cambio climático”. Todos nós estamos profundamente preocupados e concienciados sobre a problemática que isto supón, sobre como afecta aos ecosistemas e á nosa vida cotiá como sociedade, polo que quixemos analizar as súas causas e consecuencias para intentar solucionalo.
Comezamos cunha rutina de pensamento
(vexo, pensó, pregúntome), reflexionando sobre unhas imaxes preocupantes
que amosaban os estragos que pode causar o cambio climático: inundacións,
incendios forestais, secas, perda de ecosistemas...
Ademais, intentamos buscar
posibles solución traballando en equipo través da destreza de pensamento Resolución de problemas. Analizamos o
problema principal e, a partir de aí, foron xurdindo ideas moi significativas
acerca de medidas que consideramos relevantes e que axudarían a deter esta
situación, entre elas a regra dos tres erres. Tamén aprendemos o que é o
desenvolvemento sustentable e a súa importancia, e analizamos as nosas propias
accións cotiás: como estamos a axudar a reducir o impacto do cambio climático?
Asimesmo, tivemos que investigar en equipo acerca de diversos desastres de orixe natural e outros causados pola acción do ser humano: incendios forestais que queiman milleiros de hectáreas, borrascas, o fenómeno das illas de plástico do Pacífico catástrofes petroleiras, como a do Prestige, ou nucleares, como Fukushima ou Chernóbil. Despois de realizar a investigación, elaboramos un PowerPoint para explicar ao resto da clase as nosas pescudas a través dunha presentación oral. Todos concluímos que é moi importante xerar conciencia na poboación, para que, entre todos, poidamos salvar ao planeta. Esta exposición oral levounos a reflexións moi acertadas e razoables.
Como punto e final ao proxecto,
fomos á Praia de Cabanas para limpala e, deste xeito, realizar un servizo á nosa comunidade, aportando o
noso graíño de área. Enchemos varias bolsas de lixo e ficamos abraiados e
preocupados pola cantidade de residuos que van parar ás nosas praias.
Os nenos e nenas de 6º EP somos parte das novas xeracións que veñen dispostas a cambiar o futuro do planeta e a loitar contra as inxustizas. E que mellor forma de contribuír dende a nosa escola que manterer a natureza limpa , reciclar e aforrar enerxía? Xuntos podemos! 💚🌍
No hay comentarios:
Publicar un comentario