Somos o equipo "Ikea" (Estela, Iria e Karlos) e ímosvos contar cómo foi a nosa semana.
En horta rematamos a investigación sobre os diferentes tipos de sementeiros e comezamos a construilos. Foi moi divertido!, esperamos que nos naza algo. Ademais enraizamos máis amorodos.
En galego, continuamos a analizar poemas e Alba deunos uns paneis con palabras e tiñamos que encontrar outras palabras que rimasen con elas, para practicar a rima asonante ou consoante. Foi difícil!
En ciencias sociais investigamos sobre a prehistoria, fixemos unha liña do tempo e acabamos de facer un powerpoint.
En naturais fixemos experimentos para probar as principais propiedades da materia: masa, volume e densidade. Fixemos probas por equipos cooperativos porque a semana que ven teremos que explicarllos a toda a clase.
En inglés decribimos a nosa clase para presentarlla aos nosos amigos de Polonia. Eles mandarannos a descripción e fotos da súa.
E comenzamos a liga de brilé para axudar aos rapaces e rapazas da ESO a conseguir cartos para a súa excursión de fin de curso. Participamos moitos da clase!
Un saúdo dende a sexta parada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario