Coa chegada do bo tempo, a nosa horta comeza a coller xeito. Despois de pasar varias semanas preparando o terreo, quitando malas herbas e abonando, a semana pasada tocou a quenda de plantar leitugas, calabacín, allo porro, berenxena, xudías, tomates e fabas. Nos próximos días sementaremos algunha cousiña mais e teremos moito coidado cas malas herbas, cos paxaros, caracois e outos insectos para que non estraguen o noso cultivo.
Esperamos ter unha boa colleita e recollela antes de que remate o curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario