Imos contarvos como nos foi a semana.
Esta semana comezou con mates a primeira hora, e tiñamos o cerebro moi durmido.
O martes viu David a axudarnos coa poesía, e coas nosas dúbidas sobre as sinalefas.
O seguinte día veu un compañeiro novo, chamado Juan,moi majo, por certo.
O día seguinte fixemos a "maleta", é dicir, traer tres ou catro cousas que te identifiquen para presentarte aos demais. Pasámolo moi ben! :)
O xoves fixemoslle unha festa de benvida a juan, parece que lle gustou moito e pasámolo todos moi ben. Encántanos facer de anfitrións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario