lunes, 21 de octubre de 2019

Traballando a célula



Nos últimos días, na clase de Ciencias da Natureza de 6º de EP, estivemos traballando coas células animais e vexetais.

Primeiro vimos que a célula é o elemento máis pequeno que posúe vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. E para iso fai uso de diferentes elementos ou orgánulos celulares.

Tras una investigación sobre as partes de cada unha atopamos que son case case iguais, pero as vexetais teñen dous orgánulos que as diferencian das outras: os cloroplastos, que lles serven para realizar a fotosíntese e así alimentarse de xeito autónomo; e a parece celular, que está na parte exterior da membrana.

Despois de ver os diferentes orgánulos e estas diferencias, buscamos algo máis de información sobre eles para, en equipos, elaborar maquetas tanto da célula animal como da vexetal. Quedaron chulísimas! E se queredes podedes velas no corredor fronte á nosa clase.


No hay comentarios:

Publicar un comentario