Benvidas e benvidos ao blogue de 6º curso de Educación Primaria do CPR San José de Pontedeume!
Cada venres un dos equipos cooperativos da nosa aula será o encargado de contarvos como foi a nosa semana: en que estivemos traballando, que aprendimos, etc. Esperamos que disfrutedes das nosas aventuras!
Durante estas semanas iniciais decidimos que a nosa aula se chamase "La sexta parada", e elaboramos o noso propio logo, situado ao lado da porta da nosa clase.
Lexislamos as nosas propias "Normas normales"...
Presentámonos aos novos/as compañeiros/as e coñecímonos un pouco máis amosando algúns elementos simbólicos que levaremos sempre na nosa "Maleta".
Comezamos un proxecto sobre cartografía, investigamos a súa orixe e evolución en equipos cooperativos, e esperamos descubrir grandes tesouros grazas a esta ciencia e á vosa axuda...
Empezamos a cultivar a nosa creatividade como escritoras/es...
E como pintoras/es...
E o luns que ven comezaremos a preparar a terra da nosa horta, temos unhas ganas!!
Ata aquí un pouquiño do que foron estas semanas, este venres contarémosvos máis.
Un saúdo dende a "sexta parada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario