lunes, 25 de septiembre de 2023

Traballo cooperativo

Os alumnos e alumnas de 6º EP chegamos á terceira semana de clase traballando día a día para aprender e mellorar. Entre as formas que temos na nosa escola para estudar e progresar xuntos atópase o traballo cooperativo.

Esta semana comezamos repasando os tipos de palabras na materia de Lingua Galega. Para reforzar o estudado na clase, a profesora propuxo a estrutura "folio xiratorio", coa que a aprendizaxe foi máis amena e enriquecedora.

Cando traballamos en equipos de cooperativo, ademais de aprender e repasar moitos conceptos, reforzamos o respecto cara aos nosos compañeiros, a autonomía e a autoestima. Todos podemos aportar ideas, contrastalas coas dos demais e avanzar xuntos na aprendizaxe.








No hay comentarios:

Publicar un comentario