lunes, 23 de septiembre de 2024

Plans de equipo en traballo cooperativo

Os alumnos e alumnas de 6º EP estamos inmersos no novo curso, traballando día a día para aprender e mellorar. Entre as formas que temos na nosa escola para estudar e progresar xuntos atópase o traballo cooperativo.

Ao comezo de cada trimestre, levamos a cabo a planificación do plan de equipo para que o noso grupo funcione correctamente. Cada un ten o seu cargo (coordinador, secretario, axudante e responsable de material). Nese plan de equipo, establecemos os obxectivos que nos propoñemos, así como os compromisos persoais que teremos en mente para que o equipo poida chegar a cumprir as metas establecidas.

Cando traballamos en equipos de cooperativo, ademais de aprender e repasar moitos conceptos, reforzamos o respecto cara aos nosos compañeiros, a autonomía e a autoestima. Todos podemos aportar ideas, contrastalas coas dos demais e avanzar xuntos na aprendizaxe.

Estas primeiras semanas, xa traballamos a través de varias estruturas de cooperativo, como o folio xiratorio ou o 1-2-4. Así é máis enriquecedor traballar na clase e aprender todos xuntos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario