jueves, 17 de diciembre de 2020

DESCRICIÓN DUN LUGAR

Este último mes, dende a materia de Lingua Galega estivemos a traballar as descricións, tanto de persoas como de obxectos e lugares.

Por unha banda, practicamos a estrutura dun texto na escrita, coidando moito a ortografía, a puntuación e a redacción deste tipo de textos.

Ademais, tamén tivemos ocasión de expoñer de forma oral aos nosos compañairos unha descrición detallada dun lugar familiar para nós. Algúns escollemos a nosa vila (Pontedeume, Miño, Cabanas ou As Pontes) e outros preferimos lugares un pouquiño máis afastados, como Londres.

Despois de redactar por escrito dita descrición, elaboramos un PowerPoint personalizado e expuxemos o noso traballo aos nosos compañeiros. Houbo tamén tempo para unha quenda de preguntas despois de cada presentación, pois os demáis compañeiros tiñan curiosidade por saber máis cousas sobre os nosos lugares. Aprendemos datos interesantes, que é do que se trata!







No hay comentarios:

Publicar un comentario