Bos días, somos o equipo suicida (Antón, Estela, Marcos e Paula) e ímosvos contar como foi a nosa semana...
En CCSS seguimos cos mapas, esta semana comezamos co mapa do relevo e o mapa de europa.
É moi difícil, pero xa sabemos situar moitos países. E xogamos a algúns xogos online para repasar.
June trouxo da súa casa un mapamundi con imáns e encántanos aproveitar os momentos libres que temos para xogar con el.
En CCNN fixemos un debuxo da fotosíntese e do aparato reproductor das plantas e explicámos como "fuincionan". E esta semana imos comezar un caderno de expertos en plantas: a cada un tocounos nun sorteo unha planta da que temos que ser expertos; pero despois da primeira, poderemos investigar calquera planta que nos interese e recoller os datos no noso caderno de plantas.
En desdoble de Lingua castelá/matemáticas xogamos a palabras encadenadas e trabalinguas, e en lingua castelá seguimos a xogar tódolos venres ás palabras encadenadas por signficado (que xa se nos da un pouco mellor...).
En Arts&crafts fixemos un castelo encantado, porque estamos preparándonos para o Samaín. Por fin utilizamos o cuter!!
Ata a semana que ven!
Un saúdo dende " A Sexta Parada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario