En "La sexta parada" estamos a traballar nun proxecto intedisciplinar con 5º que é “electrificante”...porque estamos coñecendo e aprendendo sobre a elecrticidade, a electrónica e os seus usos. Chámase maquineando.
Aínda non o
rematamos, pero xa fixemos un montón de cousas. O primeiro día estivemos a
pensar qué obxectos levariamos a unha illa deserta, e descubrimos que moitos de
nós levariamos cousas que dependen da electricidade, así que pouco nos durarían
alí!!
Despois,
investigamos en equipo sobre os circuítos eléctricos e os seus
compoñentes...non sabiamos que había tantos! E todos teñen un símbolo
distinto...vaia lío! Para solucionalo, despois fixemos unha destreza de
pensamento, “as partes e o todo”, onde nos quedou claro para qué serve cada
parte.
Fixemos unha
presentación en Prezi cos nosos compañeiros de equipo sobre os circuítos, e
expuxémosllela aos demais para comprobar que todos tiñamos a información
correcta.
E despois chegou
o máis divertido, e co que aínda seguimos. Estamos a traballar con Scratch!!!!
Por se non sabedes que é, o scratch e unha linguaxe de programación que sirve
para crear diferentes cousas que funcionan soas....e para mover robots!
Estivemos traballando con un, a nosa nova mascota, e estamos desexando
traballar máis con él e aprender cómo facelo!
Pero aínda queda
proxecto por diante...estade atentos ás novidades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario