O luns, comenzamos coa clase de inglés, repasando as partes da casa.
A continuación tivemos unha clase de música moi divertida porque tocamos a canción coa flauta.
Rematamos o disfraz con axuda de Alba e Irina.
Logo tivemos matemátematicas e practicamos as fraccións.
E por último, dúas horas de horta, estivemos espuxendo os sementeiros e ao final nos explicaron o que é unha estacion meteorolóxica.
O martes comenzamos con mates un pouco durmidos.
A segunda hora tocou lingua galega, e veu David e fixemos uns xogos que temos de poesía.
A terceira hora tivemos relixión e vimos igrexas moi grandes na pantalla.
Despois do recreo tivemos sociais e presentamos a idade antiga.
A continuación tocou educación física e practicamos fútbol e baloncesto cuns expertos moi bos.
E finalizamos o día coa clase de xadrez.
Outras das cousas que fixemos foron experimentos sobre os cambios de estado en CCNN.
Un saúdo dende A Sexta Parada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario