jueves, 26 de marzo de 2020

Turismo dixital desde a casa!

Ola a todos!

En 6º de primaria estivemos traballando o que son os folletos e os distintos tipos de folletos que hai, e propuxémonos deseñar un folleto turístico.

Para iso aprendemos a usar unha aplicación que se chama "Canva", que ten moitísimas cousas para poder probar e facer, e partimos dela e, por suposto, da nosa creatividade, para inventar os nosos folletos turísticos de varios lugares.

Moitos de nós decidímonos pola nosa vila, esa que agora que estamos na casa sen poder vela en directo temos tantas ganas de "visitar" outra vez; pero tamén podedes ver algún de lugares como Pardiñas ou incluso Islandia!

Deixámosvos unha pequena mostra dos nosos traballos. A ver que vos parecen!







No hay comentarios:

Publicar un comentario