Desde a materia de Lingua Galega e Literatura, este trimestre estamos a ler Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo, un escritor e mestre galego natural de Rábade (Lugo), falecido en 2018.
O libro divídese en
catro relatos: "O espello do viaxeiro", "O fornadas",
"A loba" e "O cumpremortes". Cada un deles conta historias de
misterio diferentes que demostran principios ou traen algunha ensinanza
agochada. Docampo
reflexiona acerca da narración oral e intenta que o lector faga súas as catro
historias, para contalas tamén a modo de transmisor, continuando deste xeito coa
transmisión da literatura oral tradicional.
Cal foi a nosa sorpresa cando a nosa compañeira Antía trouxo a clase outro libro deste mesmo autor, chamado Un burro, dous gatos e máis cousas e contounos que sae nalgunhas das imaxes que ilustran as páxinas do libro! Son fotografías tomadas cando era unha nena pequena. Ficamos abraiados! Ollade!
Resulta que o pai de Antía
coñeceu a Xabier e mesmo foi o seu alumno na etapa da escola.
O autor tivo a ben asinar e dedicar o libro a Antía e ao seu irmán Iago. A verdade é que o mundo é un pano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario