jueves, 28 de enero de 2021

PROXECTO "STOP CAMBIO CLIMÁTICO"

Os nenos e nenas de 6º EP estamos moi concienciados acerca da grave situación medioambiental que está afectando ao noso planeta na actualidade. É por iso que, desde a materia de Ciencias Sociais, estivemos a traballar nun interesante proxecto no que analizamos a problemática do cambio climático e como afecta á flora, á fauna e á nosa vida cotiá como sociedade. As circunstancias sanitarias actuais derivadas da Covid-19 non nos impediron levar a cabo o proxecto, que foi un pouco diferente, pero enriquecedor de todos os xeitos.


Comezamos reflexionando sobre unhas imaxes impactantes que amosaban os estragos que pode causar o cambio climático: inundacións, incendios forestais, sequías, perda de ecosistemas...



Ademais, intentamos buscar solucións que poden ser moi efectivas se se levan a cabo, mediante a destreza de pensamento "Resolución de problemas con destreza". Plantexamos o problema principal e, a partir de ahí, foron xurdindo ideas moi significativas acerca de medidas que consideramos relevantes e que axudarían a deter esta situación, entre elas a regla dos tres erres. Tamén aprendemos o que é o desenvolvemento sustentable e a súa importancia, e analizamos as nosas propias accións cotiás: como estamos a axudar a reducir o impacto do cambio climático?




Tamén tivemos que investigar acerca de diversos desastres naturais e situacións atmosféricas extremas que teñen relación directa co cambio climático: o desxeo dos polos, ciclóns, tornados, incendios forestais que queiman milleiros de hectáreas, borrascas, olas de calor... Despois de realizar a investigación, elaboramos un PowerPoint para explicar ao resto da clase as nosas pescudas. Todos concluimos que é moi importante xerar conciencia na poboación, para que, entre todos, poidamos salvar ao planeta.





Por último, para poñer o broche de ouro a este proxecto, cada un de nós deseñou un póster, ecollendo ben as imaxes e o slogan. A idea era crear unha composición poderosa que chamase a atención sobre a importancia de deter esta situación. Aquí podedes ver parte do proceso e o produto final:







Os alumnos e alumnas de 6º EP cremos que aínda hai esperanza e que estamos a tempo de salvar ao Planeta Terra. Contamos con todos vós!



No hay comentarios:

Publicar un comentario