A mediados do mes de abril, os alumnos e alumnas de 6º EP, xunto aos nosos compañeiros de 5º EP, asistimos dende as nosas respectivas aulas a unha videoconferencia organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Pontedeume. Nela, descubrimos datos interesantes sobre os 750 anos de historia da nosa vila, que o Concello ven celebrando mediante diversas iniciativas dende o ano pasado.
Ademais, tamén puidemos desfrutar dunha presentación sobre heráldica, onde nos explicaron a historia, as partes e o significado de diversos escudos que podemos atopar en edificios representativos da vila.
Foi unha charla moi interesante na que tivemos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis deses 750 anos de historia de Pontedeume, descubrindo certos elementos que son parte das súas orixes e identidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario