A semana pasada, os alumnos de 6º EP
rematamos un proxecto moi interesante que levamos a cabo dende a materia de
Ciencias Sociais: “Stop cambio climático”. Todos estamos profundamente preocupados
e concienciados sobre a problemática que isto supón, sobre como afecta aos
ecosistemas e á nosa vida cotiá como sociedade, polo que quixemos analizar as
súas causas e consecuencias para intentar solucionalo.
Comezamos cunha rutina de pensamento, reflexionando sobre unhas imaxes preocupantes que amosaban os estragos que pode causar o cambio climático: inundacións, incendios forestais, secas, perda de ecosistemas...
Ademais, intentamos
buscar posibles solución traballando en equipo través da
destreza de pensamento Resolución de problemas. Analizamos o problema principal e, a partir de aí, foron
xurdindo ideas moi significativas acerca de medidas que consideramos relevantes
e que axudarían a deter esta situación, entre elas a regra dos tres erres.
Tamén aprendemos o que é o desenvolvemento sustentable e a súa importancia, e
analizamos as nosas propias accións cotiás: como estamos a axudar a reducir o
impacto do cambio climático?
Tamén tivemos que
investigar acerca de diversos desastres de orixe natural e outros causados pola
acción do ser humano: incendios forestais que queiman milleiros de hectáreas,
borrascas, secas, catástrofes petroleiras como a do Prestige, o fenómeno das illas de plástico do Pacífico... Despois
de realizar a investigación, elaboramos un PowerPoint para explicar ao resto da
clase as nosas pescudas. Todos concluímos que é moi importante xerar conciencia
na poboación, para que, entre todos, poidamos salvar ao planeta. Esta
exposición oral levounos a reflexións moi acertadas e razoables.
Os nenos e nenas de 6º EP somos parte das novas xeracións que veñen dispostas a cambiar o futuro do planeta e a loitar contra as inxustizas. E que mellor forma de contribuír na escola que manter os espazos limpos, reciclar e aforrar enerxía? Xuntos podemos! 🌍💚
No hay comentarios:
Publicar un comentario