A finais da semana pasada, os nenos e nenas de 6º EP completaron con éxito a súa campaña de recollida de materiais de primeira necesidade para axudar aos damnificados pola guerra de Ucraína. Están moi contentos co resultado desta iniciativa solidaria, xa que lograron que todos os nenos da escola e as súas familias participasen activamente doando gran cantidade de produtos de hixiene, material sanitario e comida en conserva.
Eles mesmos foron os encargados de levar o material ao punto de recollida que tiña habilitado o Concello de Pontedeume en colaboración con Protección Civil. Nun momentiño durante a mañá do xoves pasado, achegáronse a pé ata os Almacéns de Rajoy para depositar alí todo o recaudado, que non foi pouco! Incluso formaron unha cadea humana, amosando así o seu espírito de equipo.
Oxalá o mundo estivera cheo de xente coma os alumnos de 6º, que mobilizaron a todo o colexio por unha boa causa. Aínda hai esperanza 💙💛
No hay comentarios:
Publicar un comentario