O mércores 23 de marzo, os rapaces e rapazas de 6º EP fomos convidados polo Concello de Pontedeume a participar nunha das actividades que tiñan programadas para a celebración do Día da Árbore.
Ao mediodía, baixamos aos terreos do Paseo Marítimo "Rosalía de Castro", cercano ao noso centro. A actividade foi acompañada dunha explicación por parte dun profesional na área que nos deu información acerca da especie e dos coidados que precisa.
Plantamos un salgueiro chorón e aprendemos moitos datos curiosos sobre a especie, coma o seu nome científico (salix babylonica) e o feito de que a súa codia se empregaba para a fabricación de mediciñas como a aspirina.
A "Festa da Árbore" celébrase dende hai xa varios anos na nosa vila e é unha iniciativa moi interesante e de grande importancia, xa que plantar unha árbore significa axudar a que a vida se abra camiño nos ecosistemas.
Desta vez, o Concello tamén nos regalou unhas sementes de diversos tipos, como perexil ou coandro, para que as plantemos na casa.
Para nós foi unha experiencia bonita. Cada vez que paseemos preto da árbore, lembraremos que axudamos na súa plantación e que contribuímos a poboar de fermosas árbores o paseo marítimo da nosa vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario