viernes, 29 de abril de 2022

Unhas acelgas moi saborosas

Despois de varios meses coidando as  acelgas dos nosos  bancais, hoxe por fin puidemos saborealas. 

Pasamos por varios momentos desde que as plantamos, ao principio custoulles empezar a medrar, pero aos poucos foron alcanzando un tamaño considerable, Cando isto ocorreu, as  transplantamos aos  bancais, para que puidesen seguir crecendo. Con mimo, rega e paciencia foron alcanzando un tamaño óptimo para ser colleitadas.



Con elas elaboramos un prato moi saboroso, unha  quiche de  acelgas, que a maioría de nós nunca probara e moito menos preparara e agora xa somos expertos cociñeiros.

Primeiro estendemos a masa quebrada no recipiente e fixémoslle pequenos buracos co garfo, ao terminar este paso metémolo no forno durante 10-15 minutos.


Segundo, batemos 4 ovos e mesturámolos cun bote de nata, despois mesturámolo coas  acelgas xa  salteadas.



Máis tarde botamos a mestura enriba da masa quebrada.

Finalmente colocamos un pouco de queixo enriba e metémolo no forno durante 30 minutos máis ou menos.


O mellor veu á hora do recreo, xa que cambiamos o bocadillo do xoves pola nosa  quiche de  acelgas. 

Estaba  boísima!














 

No hay comentarios:

Publicar un comentario