jueves, 3 de noviembre de 2022

SAMAÍN

Na semana de Samaín, os rapaces e rapazas de 6º EP estiveron a traballar sobre dita festividade a través dunha serie de actividades moi interesantes nas materias de Lingua Castelá, Lingua Galega e Arts & Crafts.
Como xa saberedes, é unha celebración antiga arraigada na tradición galega, aínda que nos últimos anos estase a ver un pouco eclipsada por Halloween. Pero cremos que hai espazo para que todas os costumes, xa sexan novos ou vellos, convivan en harmonía.

Comezamos vendo un vídeo sobre a celebración do Día de Mortos en distintos países como Madagascar, Suiza, Irlanda ou México, para despois levar a cabo unha investigación sobre dous deles: Galiza e México. Unha vez recabada a información, realizamos a destreza de pensamento "Compara e contrasta" para sinalar as diferenzas e semellanzas existentes entre o xeito de celebralo en ámbolos dous lugares, ademais da súa orixe ou curiosidades sobre as tradicións.

Na materia de Lingua Castelá, limos xuntos O gato negro, o famoso relato escrito por Edgar Allan Poe no século 19. Aproveitamos a decoración da porta da nosa clase, que foi idea do Equipo de Biblioteca, para poñernos en ambiente e descubrir o terror gótico do autor estadounidense.




Tamén houbo tempo para decorar a clase e pasalo ben! Viva o Samaín!









No hay comentarios:

Publicar un comentario