viernes, 3 de febrero de 2017

Os membros do equipo A.S.I.J. (Ainhoa, Sergio, Iker e June) son os reporteiros desta semana.

O luns en  música aprendimos unha cancion chamada ``flowers ´´  e expuxemos os nosos artistas favoritos.




Celebramos o día da paz todos xuntos, no recreo entregamos as nosas mensaxes de paz dentro de botellas e cantamos ``Imagine´´ de John Lennon .



O martes en galego fixemos comentarios poéticos sobre o poema que cada un de nós escollía :)




Despois , en  relixión falamos sobre Israel e Salomón .



En horta construimos os sementeiros, a semana que ven explicaremos aos compañeiros que tipos de sementeiros existen e por que decidimos construir o noso dun tipo ou doutro.







En naturais fixemos os experimentos sobre as principais características da materia: masa , volumen e densidade.   :)










En ciencias sociais fixemos exposicións sobre a prehistoria. :)











 En xedrez fixemos unhas fichas e xogamos unha partida con árbitro e todo :)



En inglés fixemos unhas casas con posits para repasar :)



Un saúdo dende a sexta parada. :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :) :)

O equipo "Ikea" (Estela, Iria e Karlos), novedades!

Somos o equipo "Ikea" (Estela, Iria e Karlos) e ímosvos contar cómo foi a nosa semana.

En horta rematamos a investigación sobre os diferentes tipos de sementeiros e comezamos a construilos. Foi moi divertido!, esperamos que nos naza algo. Ademais enraizamos máis amorodos.



En galego, continuamos  a analizar poemas e Alba deunos uns paneis con palabras e tiñamos que encontrar outras palabras que rimasen con elas, para practicar a rima asonante ou consoante. Foi difícil!




En ciencias sociais investigamos sobre a prehistoria, fixemos unha liña do tempo e acabamos de facer un powerpoint.


    

En naturais fixemos experimentos para probar as principais propiedades da materia: masa, volume e densidade. Fixemos probas por equipos cooperativos porque a semana que ven teremos que explicarllos a toda a clase.



    


En inglés decribimos a nosa clase para presentarlla aos nosos amigos de Polonia. Eles mandarannos a descripción e fotos da súa.

E comenzamos a liga de brilé para axudar aos rapaces e rapazas da ESO a conseguir cartos para a súa excursión de fin de curso. Participamos moitos da clase!


Un saúdo dende a sexta parada!



miércoles, 25 de enero de 2017

O grupo dos "Imparables"

Somos o grupo dos "Imparables": Antón, Lucas, Nhoa e Lara.

Imos contarvos como nos foi a semana.

Esta semana comezou con mates a primeira hora, e tiñamos o cerebro moi durmido.



O martes viu David a axudarnos coa poesía, e coas nosas dúbidas sobre as sinalefas.




O seguinte día veu un compañeiro novo, chamado Juan,moi majo,  por certo.




O día seguinte fixemos a "maleta", é dicir, traer tres ou catro cousas que te identifiquen para presentarte aos demais. Pasámolo moi ben! :)




O xoves fixemoslle unha festa de benvida a juan, parece que lle gustou moito e pasámolo todos moi ben. Encántanos facer de anfitrións!




O venres rematamos as liñas do tempo da prehistoria. E chegou a hora de facer puntillismo.





Ata outra! Un saúdo dende a Sexta Parada.