sábado, 27 de mayo de 2017

OS NOSOS PRIMEIROS FROITOS!


   

      O pasado luns baixamos a horta os alumnos de sexto de Educación Primaria, pero no era un luns coma sempre, senón que levamos unha grata sorpresa ¡xa tiñamos, na maioría das parcelas, os nosos primeiros froitos!

      Algún grupo xa catou as primeiras fresas, saíron algúns comentarios como "están boísimas, saben millor cas do super", son os froitos máis inmediatos xa que hai outros que aínda non podemos probar; pero vemos o seu crecemento e algúns cambios, xa que a planta de pementos agora ten flores.
Xa imos tento unha boa "bolsa da compra"; leitugas de folla morada, leitugas rizadas, allos, cenorias, repolos, chícharos; pero por outros aínda teremos que esperar un pouco coma as coles de Bruselas, os pementos e os melóns.

      Tamen, transplantamos os careixós que tiñanos na clase xa que son froitos silvestres e consensuamos que xa estaban crecidiños para baixar a horta.

      Dende a Sexta parada dexámosvos un vídeo para que vexades que estamos feitos todos uns agricultores.




jueves, 25 de mayo de 2017

Maquineando con 5º!

Ola a todos!

En "La sexta parada" estamos a traballar nun proxecto intedisciplinar con 5º que é “electrificante”...porque estamos coñecendo e aprendendo sobre a elecrticidade, a electrónica e os seus usos. Chámase maquineando.


Aínda non o rematamos, pero xa fixemos un montón de cousas. O primeiro día estivemos a pensar qué obxectos levariamos a unha illa deserta, e descubrimos que moitos de nós levariamos cousas que dependen da electricidade, así que pouco nos durarían alí!!

Despois, investigamos en equipo sobre os circuítos eléctricos e os seus compoñentes...non sabiamos que había tantos! E todos teñen un símbolo distinto...vaia lío! Para solucionalo, despois fixemos unha destreza de pensamento, “as partes e o todo”, onde nos quedou claro para qué serve cada parte.

Fixemos unha presentación en Prezi cos nosos compañeiros de equipo sobre os circuítos, e expuxémosllela aos demais para comprobar que todos tiñamos a información correcta.

E despois chegou o máis divertido, e co que aínda seguimos. Estamos a traballar con Scratch!!!! Por se non sabedes que é, o scratch e unha linguaxe de programación que sirve para crear diferentes cousas que funcionan soas....e para mover robots! Estivemos traballando con un, a nosa nova mascota, e estamos desexando traballar máis con él e aprender cómo facelo!




Pero aínda queda proxecto por diante...estade atentos ás novidades!

miércoles, 8 de marzo de 2017

Fai unhas semana na sexta parada...

A semana comenza así:

O luns, comenzamos coa clase de inglés, repasando as partes da casa.

A continuación tivemos unha clase de música moi divertida porque tocamos a canción coa flauta.

Rematamos o disfraz con axuda de Alba e Irina.












Logo tivemos matemátematicas e practicamos as fraccións.






E por último, dúas horas de horta, estivemos espuxendo os sementeiros e ao final nos explicaron o que é unha estacion meteorolóxica.





O martes comenzamos con mates un pouco durmidos.


A segunda hora tocou lingua galega, e veu David e fixemos uns xogos que temos de poesía.




A terceira hora tivemos relixión e vimos igrexas moi grandes na pantalla.



Despois do recreo tivemos sociais e presentamos a idade antiga.






A continuación tocou educación física e practicamos fútbol e baloncesto cuns expertos moi bos.


E finalizamos o día coa clase de xadrez.




Outras das cousas que fixemos foron experimentos sobre os cambios de estado en CCNN.










Un saúdo dende A Sexta Parada!

viernes, 10 de febrero de 2017

A semana das exposicións!

Ola, somos o equipo "El Despertar del Estudio" ( Mara, Pedro, Martina e Sixto) e ímosvos contar como nos foi a semana.

O Luns empezamos cunha clase de Inglés, medios durmidos! E logo tivemos Música.


A última hora tivemos Horta, presentamos os nosos sementeiros.








O Martes, a segunda hora, tivemos Lingua con David, é moi divertido e explica moi ben. Fixemos unha poesía cunhas imaxes de Chema Madoz. 







O Mércores fixemos as exposicións de experimentos en naturais, foi moi divertido facer os experimentos porque facemos moitas "guarradas".












O xoves comenzamos o día cunha estupenda clase de Inglés repasando as direccións.

Foi unha semana con moitas exposicións, dous en concreto, querémosvos! UNÍDEVOS AO BLOGUE DA SEXTA PARADA!! Moitos bicos. muach muach (: