martes, 11 de abril de 2023

A emigración nas nosas familias

Na materia de Lingua Galega, os rapaces e rapazas de 6º EP rematamos a segunda avaliación levando a cabo un traballo de investigación moi interesante que nos fixo descubrir o pasado emigrante da nosa familia.


De todos nós é sabido que os galegos nos caracterizamos por ser un pobo de xente loitadora que, en tempos non tan lonxanos, en maior ou menor medida tivo que marchar fóra das fronteiras do noso país para buscar unha vida mellor. E nesa realidade histórica e de identidade é onde afondamos durante esta tarefa. Para iso, primeiro realizamos as nosas pescudas na casa. Preguntamos aos nosos pais, avós ou bisavós se coñecían algún caso de emigración dalgún parente ou achegado. 

E abofé que atopamos historias, algunhas tristes, outras cheas de esperanza, pero todas elas fermosas e parte esencial das nosas orixes. Tíos, curmáns, avós e avoas, bisavós ou veciños que tiveron que partir cara a Cuba, Inglaterra, Venezuela, Suíza, Arxentina, Chile ou Estados Unidos a finais do século XIX e comezos e mediados do XX e que traballaron arreo para darlle unha mellor vida á súa familia.

Unha vez que recabamos os datos, elaboramos un texto que despois expuxemos ao resto da clase nunha presentación oral que acompañamos cun PowerPoint ou Canva. Nesa exposición contamos a historia dun ou varios familiares na emigración e tamén tivemos que imaxinar como sería o seu día a día na diáspora.

Tamén aprendemos quen eran os indianos e o legado que deixaron en Galicia. Incluso estivemos a investigar sobre os irmáns García Naveira, que tanto fixeron pola veciña vila de Betanzos.

Realmente foi unha tarefa moi bonita, grazas á cal puidemos descubrir un pouco máis sobre o pasado da nosa familia e comprender de onde vimos. Os nosos familiares na emigración teñen toda a nosa admiración! 💖






lunes, 27 de marzo de 2023

Travel guide

 

En las últimas semanas en inglés, los alumnos y alumnas de 6º de EP llevaron a cabo una investigación acerca de diferentes ciudades. 

De forma individual, cada estudiante escogió un lugar alrededor del mundo y buscó información sobre el mismo, como los lugares más emblemáticos o las actividades que se pueden hacer allí, además de incluir una opinión personal. Con toda la información recabada, elaboraron una exposición oral en forma de guía de viaje, en la que resaltaban los aspectos y curiosidades más importantes de cada una de ellas.









viernes, 3 de marzo de 2023

Aprendizaxe-servizo: limpamos a praia como parte dun proxecto interdisciplinar!

Este trimestre, os alumnos  e alumnas de 6º EP estivemos sumerxidos nun proxecto de comprensión moi interesante que levamos a cabo dende a materia de Ciencias Sociais: “Stop cambio climático”. Todos nós estamos profundamente preocupados e concienciados sobre a problemática que isto supón, sobre como afecta aos ecosistemas e á nosa vida cotiá como sociedade, polo que quixemos analizar as súas causas e consecuencias para intentar solucionalo.


Comezamos cunha rutina de pensamento (vexo, pensó, pregúntome), reflexionando sobre unhas imaxes preocupantes que amosaban os estragos que pode causar o cambio climático: inundacións, incendios forestais, secas, perda de ecosistemas...



Ademais, intentamos buscar posibles solución traballando en equipo través da destreza de pensamento Resolución de problemas. Analizamos o problema principal e, a partir de aí, foron xurdindo ideas moi significativas acerca de medidas que consideramos relevantes e que axudarían a deter esta situación, entre elas a regra dos tres erres. Tamén aprendemos o que é o desenvolvemento sustentable e a súa importancia, e analizamos as nosas propias accións cotiás: como estamos a axudar a reducir o impacto do cambio climático?




Asimesmo, tivemos que investigar en equipo acerca de diversos desastres de orixe natural e outros causados pola acción do ser humano: incendios forestais que queiman milleiros de hectáreas, borrascas, o fenómeno das illas de plástico do Pacífico catástrofes petroleiras, como a do Prestige, ou nucleares, como Fukushima ou Chernóbil. Despois de realizar a investigación, elaboramos un PowerPoint para explicar ao resto da clase as nosas pescudas a través dunha presentación oral. Todos concluímos que é moi importante xerar conciencia na poboación, para que, entre todos, poidamos salvar ao planeta. Esta exposición oral levounos a reflexións moi acertadas e razoables.




Como punto e final ao proxecto, fomos á Praia de Cabanas para limpala e, deste xeito, realizar un servizo á nosa comunidade, aportando o noso graíño de área. Enchemos varias bolsas de lixo e ficamos abraiados e preocupados pola cantidade de residuos que van parar ás nosas praias.



Os nenos e nenas de 6º EP somos parte das novas xeracións que veñen dispostas a cambiar o futuro do planeta e a loitar contra as inxustizas. E que mellor forma de contribuír dende a nosa escola que manterer a natureza limpa , reciclar e aforrar enerxía? Xuntos podemos! 💚🌍

lunes, 23 de enero de 2023

Unha rica ensalada!

Levábamos moitos días sen poder baixar ao horto xa que o mal tempo non o permitía. E cal foi a nosa sorpresa cando descubrimos o ben que estaban as nosas leitugas, polo que decidimos colleitalas. 
Cada un de nós fómonos moi contentos á casa cunha leituga polo que hoxe comeremos unha rica ensalada!








 

lunes, 16 de enero de 2023

Proxecto sobre a Unión Europea

Como parte da materia de Ciencias Sociais, os alumnos de 6º EP pechamos o primeiro trimestre levando a cabo un breve proxecto sobre a Unión Europea. Foi moi interesante e aprendemos moitas cousas sobre ela: os 27 países que a forman, así como as súas capitais, os países que son candidatos a entrar, as súas orixes e características ou os seus principais órganos de goberno. 

Tamén aprendemos o que significa os conceptos de "mercado único" e "libre circulación", así como formar parte da Zona euro ou do Espazo Schengen, e que vantaxes ten ser cidadáns da Unión Europea.

Ademais, realizamos unha investigacion por equipos. Cada equipo escolleu dous países membros e buscou información sobre eles: localización, clima, moeda, idiomas oficiais, tradicións, gastronomía... e espuxemos as nosas indagacións ao resto dos nosos compañeiros.




Con toda a información recabada, elaboramos un cartel informativo de cada un dos países, para despois colgalo nos corredores da escola, no que chamamos "Espazo Europa", un recuncho informativo para que todos os nenos e nenas da escola aprendan do noso traballo.










ESPAZO EUROPA






miércoles, 21 de diciembre de 2022

Describimos lugares importantes para nós

Este primeiro trimestre, dende a materia de Lingua Galega estivemos a traballar as descricións, tanto de persoas como de obxectos e lugares. Por unha banda, practicamos a estrutura dun texto na escrita, coidando moito a ortografía, a puntuación e a redacción deste tipo de textos.


Ademais, tamén tivemos ocasión de expoñer de forma oral aos nosos compañairos unha descrición detallada dun lugar familiar para nós. Algúns escollemos a nosa vila (Pontedeume, Curtis ou Weymouth), outros optamos por cidades espalladas por toda a xeografía española, dende Madrid a Lanzarote, e outros preferimos lugares un pouquiño máis afastados, como Londres, Portugal ou París.

Despois de redactar por escrito dita descrición, elaboramos un PowerPoint personalizado e expuxemos o noso traballo aos nosos compañeiros. Houbo tamén tempo para unha quenda de preguntas despois de cada presentación, pois os demáis compañeiros tiñan curiosidade por saber máis cousas sobre os nosos lugares. Aprendemos datos interesantes, que é do que se trata!