viernes, 4 de noviembre de 2016

O equipo molón, unha semana escalofriante (24/10/16-28/10/16)

Bos días, somos o "equipo molón" (Mara, Sergio, Iria e Lucas), e ímosvos contar o que fixemos nunha semana escalofriante...


Na horta abonamos as nosas parcelas, a algúns dáballes un pouco de noxo porque dicían que o compos cheiraba mal, aprendimos a facer "regos" coa axuda de Karlos (experto grazas a súa avoa) e plantamos grelos.










Temén plantamos amorodos! Témolos na aula para ver se "enraizan", porque as ramiñas dos amorodos teñen raíz, e se as "prendemos" a terra, e todo sae ben, a partir dunha planta podemos conseguir moitas máis!! Ímonos encher a comer neles.




Seguimos co proxecto "¡Que las cartas te acompañen!" (nome que propuxo Pedro, e que foi escollido por maioría entre 5º e 6º). Aprendimos a escribir cartas formais, cada un de nós ten un personaxe e intercambiámolas. Aquí están algunhas delas...





Pero o que máis nos gustou de toda a semana foi sen dúbida... a celebración do MAGOSTO e do SAMAÍN!!

En galego estivemos investigando sobre esta celebración, e descubrimos moitísimas cousas interesantes que compartimos cos compañeiros; algúns equipos en forma de presentación e outros preferiron facer "representación teatrais".










Nhoa e a súa nai fixeron broches de Samín e Nhoa sorteounos despois da súa presentación, MENUDAS ARTISTAS!!




Decoramos o corredor... e quedounos ESCALOFRIANTE... Tan, tan escalofriante, que algún compañeiro dubidaba se saír só da clase :)









E o venres foi XENIAL, tivemos unha obra de teatro (realizada polos compañeiros de 5º EP), comimos castañas, disfrazámonos, xogamos a xogos populares... Foi o mellor da semana!!








Ata a semana que ven!

Un saúdo dende "A sexta parada".

No hay comentarios:

Publicar un comentario