Durante o primeiro trimestre as actividades de horto tivémolas que levar a cabo no interior do cole, xa que o tempo non nos acompañou para poder traballar no horto. Entre outras actividades plantamos toros de tomate e aínda que ao principio non viamos moitos cambios nos sementeiros, á volta de nadal levámonos unha grata sorpresa.
As plantas estaba moi crecidas!, polo que en canto o tempo mellore trasladarémolas ao horto para que sigan medrando e obter ricos tomates.
Xa temos pensado que imos cociñar con eles, xa que outra das actividades que estamos a levar a cabo estes días é investigar sabrosas receitas onde o tomate é un ingrediente de gran importancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario