sábado, 27 de marzo de 2021

Proxecto de Lingua Galega: "Falemos de cine. Luces, cámara... acción!"

Os alumnos e alumnas de 6º EP somos moi cinéfilos, xa que desfrutamos moito cunha boa película acompañada de flocos de millo recén feitos. Por iso, este proxecto que levamos a cabo dende a materia de Lingua Galega resultou verdadeiramente interesante. Chamámoslle "Falemos de cine: luces, cámara... acción!"



Fixemos un breve percorrido pola historia do séptimo arte, cheo de curiosidades e datos interesantes. Comezamos exercendo de reporteiros, facendo unha enquisa aos nosos familiares, para ver cal é o xéreno que máis lles gusta, cal foi a primeira película que viron no cine ou cal é a súa película favorita. Tamén levamos a cabo unha pequena investigación para pescudar cales son as persoas que interveñen na creación dunha película, dende o guionista ata o axudante de produción. Hai moitas tarefas distintas! Tamén aprendemos os diferentes tipos de plano que aparecen en pantalla (plano americano, pano xeral, plano detalle, primeiro plano...), o que fan os artistas Foley e as diferencias principais entre un guión literario e un guión técnico.



Na parte máis práctica e creativa do proxecto, metémonos de cheo na creación dun guión literario, concretamente do guión dunha escena da nosa película. Para iso, tivemos que imaxinar a localización e tempo, tres personaxes principais, describindo a súa apariencia e as súas emocións, parte do argumento e un diálogo. Saíron escenas moi variadas, xa que cada un de nós escolleu un xénero distinto (suspense, terror, drama, romance...).




Tamén exercemos de deseñadores gráficos, xa que tivemos que crear o póster da nosa película. Aquí tedes algúns exemplos:










Ademais, levamos a cabo unha destreza de pensamento, "Compara e contrasta", para analizar as diferenzas e semellanzas que existen entre un libro e a súa versión en película. Concluimos que, aínda que os dous formatos teñen moitas cousas positivas, o libro sempre será máis completo en relación á historia, xa que conta os feitos de xeito máis detallado e sempre deixa que a nosa imaxinación voe ceibe.





Como broche final, fixemos unha presentación oral. Cada un de nós escolleu a súa película favorita e investigou sobre ela: actores, director, argumento, curiosidades sobre a gravación... 

Foi un proxecto moi completo no que aprendemos cousas novas a interesantes. A próxima vez que vexamos unha película, seguro que a analizamos detalladamente.
😉🎥




No hay comentarios:

Publicar un comentario