Neste mes de maio, dende a materia de Lingua Galega, os alumnos e alumnas de 6º EP estivemos a traballar o formato de entrevista e os seus distintos tipos.
Por parellas, redactamos o guión da nosa entrevista, que contiña aquela información e preguntas que queríamos formular e contestar. Repartímonos os papeis: uns metémonos na pel do entrevistador e outros do entrevistado.
Os que exercemos de entrevistadores, tivemos en conta os seguintes aspectos:
- No inicio da entrevista, presentamos a persoa convidada e introducimos o tema a tratar.
- Empregamos unha linguaxe formal, como requerían a maior parte das situacións.
- Pechamos as nosas entrevistas de xeito conciso, sen esquecer dar as grazas á persoa entrevistada.
Pola contra, os entrevistados coidamos o seguinte:
- Contestamos de forma clara as preguntas, tratando de non desviarnos do tema.
- Empregamos unha linguaxe coidada e un ton de voz agradable.
- No peche, demos as grazas á persoa entrevistadora.
Tamén tivemos tempo para representar as nosas entrevistas de forma oral diante dos nosos compañeiros. Houbo de moitos tipos: entrevista laboral, entrevista a un transeúnte na rúa, a unha persoa famosa, a un experto nun tema, un interrogatorio policial... Foron situacións variadas que nos axudaron a entender a estrutura e características destes distintos tipos entrevistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario