Os alumnos e alumnas de 6º EP xa estamos traballando arreo neste novo curso.
Na materia de Ciencias da Natureza estamos a estudar a célula: a súa estrutura, as funcións que realiza nos seres vivos, os seus niveis de organización, e tamén os diferentes tipos que existen, principalmente a célula animal e a célula vexetal.
Como este ano xa podemos xuntarnos en equipos de traballo cooperativo, realizamos unha destreza de pensamento en grupos: compara e contrasta. Mediante a mesma, puidemos analizar as diferenzas e semellanzas que existen entre ambos tipos de células e chegar todos xuntos a unha conclusión a partir da análise.
Este tipo de actividades axúdannos a desenvolver a nosa capacidade de observación, análise e reflexión, e razoar e xustificar o noso punto de vista. Ademais, poder facelo en equipos significa que todos temos a oportunidade de aportar ideas, aprender xuntos e axudarnos os uns aos outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario