domingo, 21 de febrero de 2021

A nosa compañeira Antía sae nas páxinas dun libro!

Desde a materia de Lingua Galega e Literatura, este trimestre estamos a ler Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo, un escritor e mestre galego natural de Rábade (Lugo), falecido en 2018.



O libro divídese en catro relatos: "O espello do viaxeiro", "O fornadas", "A loba" e "O cumpremortes". Cada un deles conta historias de misterio diferentes que demostran principios ou traen algunha ensinanza agochada. Docampo reflexiona acerca da narración oral e intenta que o lector faga súas as catro historias, para contalas tamén a modo de transmisor, continuando deste xeito coa transmisión da literatura oral tradicional.

Cal foi a nosa sorpresa cando a nosa compañeira Antía trouxo a clase outro libro deste mesmo autor, chamado Un burro, dous gatos e máis cousas e contounos que sae nalgunhas das imaxes que ilustran as páxinas do libro! Son fotografías tomadas cando era unha nena pequena. Ficamos abraiados! Ollade!




Resulta que o pai de Antía coñeceu a Xabier e mesmo foi o seu alumno na etapa da escola.

O autor tivo a ben asinar e dedicar o libro a Antía e ao seu irmán Iago. A verdade é que o mundo é un pano!




jueves, 28 de enero de 2021

PROXECTO "STOP CAMBIO CLIMÁTICO"

Os nenos e nenas de 6º EP estamos moi concienciados acerca da grave situación medioambiental que está afectando ao noso planeta na actualidade. É por iso que, desde a materia de Ciencias Sociais, estivemos a traballar nun interesante proxecto no que analizamos a problemática do cambio climático e como afecta á flora, á fauna e á nosa vida cotiá como sociedade. As circunstancias sanitarias actuais derivadas da Covid-19 non nos impediron levar a cabo o proxecto, que foi un pouco diferente, pero enriquecedor de todos os xeitos.


Comezamos reflexionando sobre unhas imaxes impactantes que amosaban os estragos que pode causar o cambio climático: inundacións, incendios forestais, sequías, perda de ecosistemas...



Ademais, intentamos buscar solucións que poden ser moi efectivas se se levan a cabo, mediante a destreza de pensamento "Resolución de problemas con destreza". Plantexamos o problema principal e, a partir de ahí, foron xurdindo ideas moi significativas acerca de medidas que consideramos relevantes e que axudarían a deter esta situación, entre elas a regla dos tres erres. Tamén aprendemos o que é o desenvolvemento sustentable e a súa importancia, e analizamos as nosas propias accións cotiás: como estamos a axudar a reducir o impacto do cambio climático?




Tamén tivemos que investigar acerca de diversos desastres naturais e situacións atmosféricas extremas que teñen relación directa co cambio climático: o desxeo dos polos, ciclóns, tornados, incendios forestais que queiman milleiros de hectáreas, borrascas, olas de calor... Despois de realizar a investigación, elaboramos un PowerPoint para explicar ao resto da clase as nosas pescudas. Todos concluimos que é moi importante xerar conciencia na poboación, para que, entre todos, poidamos salvar ao planeta.





Por último, para poñer o broche de ouro a este proxecto, cada un de nós deseñou un póster, ecollendo ben as imaxes e o slogan. A idea era crear unha composición poderosa que chamase a atención sobre a importancia de deter esta situación. Aquí podedes ver parte do proceso e o produto final:







Os alumnos e alumnas de 6º EP cremos que aínda hai esperanza e que estamos a tempo de salvar ao Planeta Terra. Contamos con todos vós!



viernes, 18 de diciembre de 2020

BAIXAMOS A HORTA!

A semana pasada aproveitando que o día non se presentou chuvioso, baixamos a horta a traballar un pouco.

Recolectamos os kiwis, os cales temos a madurar xa que ainda estaban moi verdes.




Tamén aproveitamos para limpar as malas herbas e que o noso horto comece a coller cor para cando chegue o bo tempo e podamos plantar nel.


jueves, 17 de diciembre de 2020

DESCRICIÓN DUN LUGAR

Este último mes, dende a materia de Lingua Galega estivemos a traballar as descricións, tanto de persoas como de obxectos e lugares.

Por unha banda, practicamos a estrutura dun texto na escrita, coidando moito a ortografía, a puntuación e a redacción deste tipo de textos.

Ademais, tamén tivemos ocasión de expoñer de forma oral aos nosos compañairos unha descrición detallada dun lugar familiar para nós. Algúns escollemos a nosa vila (Pontedeume, Miño, Cabanas ou As Pontes) e outros preferimos lugares un pouquiño máis afastados, como Londres.

Despois de redactar por escrito dita descrición, elaboramos un PowerPoint personalizado e expuxemos o noso traballo aos nosos compañeiros. Houbo tamén tempo para unha quenda de preguntas despois de cada presentación, pois os demáis compañeiros tiñan curiosidade por saber máis cousas sobre os nosos lugares. Aprendemos datos interesantes, que é do que se trata!







jueves, 10 de diciembre de 2020

Trabajando con distintos tipos de raquetas

 Para finalizar este primer trimestre, en Educación Física, estamos trabajando tanto la coordinación dinámica general como la óculo manual a través de distintos tipos de raquetas. Comenzamos con la de bádminton, con la que ya estábamos familiarizados puesto que el año pasado empezamos a trabajar este deporte poco antes del parón de las clases. También utilizamos raquetas de pádel y las típicas palas de playa. Cada una de estas raquetas se usa con su propio material específico: pluma o volante, pelota tipo tenis o pelota de plástico. Hemos comprobado las diferencias que hay entre ellas así como practicado los distintos tipos de saque.





miércoles, 2 de diciembre de 2020

Nuestros libros favoritos

El pasado mes de noviembre, desde el equipo de biblioteca del colegio nos plantearon el reto de representar, mediante una composición fotográfica, nuestros libros favoritos o simplemente libros que nos gusten o que nos hayan marcado de algún modo.

Por supuesto, nos pusimos manos a la obra y han salido composiciones de lo más originales sobre historias diversas, que van desde Harry Potter o La isla del tesoro, pasando por Enola Holmes, El Club de las Zapatillas Rojas, hasta los dragones de la saga El legado o Fray Perico y su borrico.

Ha habido creaciones para todos los gustos lectores. ¡Echadles un ojo y a ver si adivináis alguna más! 😉📖








lunes, 30 de noviembre de 2020

Thanksgiving turkey!

El jueves de la semana pasada, día 26 y cuarto jueves de noviembre, fue el día de Acción de Graciasuna fiesta nacional que se celebra en Estados Unidos principalmente, en Canadá y en algunas islas del Caribe, entre otros lugares.

Por ello, los alumnos de 6º EP hemos dedicado las clases de inglés y Arts & Cratfs a adentrarnos en esta festividad, que la mayoría de nosotros ya conocíamos. Se trata de una ocasión para estar en familia, donde abunda la comida y el pavo asado es el protagonista. El objetivo fundamental de esta reunión es dar las gracias.

En inglés repasamos y aprendimos nuevo vocabulario relacionado con esta celebración y practicamos la estructura "I'm thankful for..."

Entre todos, creamos nuestro propio Thanksgiving turkey. En unas plantillas en forma de pluma, en Arts & Crafts escribimos las cosas por las que nos sentimos agradecidos: nuestra familia y amigos, nuestro hogar, tener buena salud... Después las decoramos de forma original y colorida. Aquí podéis ver el resultado.

💗 HAPPY THANKSGIVING DAY! 💗