Bos días, somos o equipo JJAK (Karlos, Ainhoa, Jorge e Jessi), e ímosvos contar como foi a nosa semana...
En horta escolar, investigamos e deseñamos sistemas de regadío para os chícharos que imos plantar na aula. Foi moi divertido facer o sistema de regadío porque colaboramos todos e tamén o imaxinamos todos xuntos cos grupos de horta.
En CCNN, realizamos mapas mentais en equipo para recordar todo o que aprendimos sobre as plantas.
En CCSS, fixemos unha destreza de pensamento chamada "Compara e contrasta" comparando e contrastando diferentes tipos de mapas.
En Arts & Crafts, intentamos facer cortinas con follas secas e papel film pero en o papel film arrugouse moi facilmente e non saiu moi ben e o tivemos que facer con papel de forrar os libros.
Un saúdo dende "A sexta parada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario