Temos novos roles nos nosos equipos cooperativos. Ata agora levámolos moi ben, está ben cambiar de vez en cando.
En horta escolar comezamos a construir os nosos propios sistemas de regadío...
Coa axuda dos nosos compañeiros, conseguimos construílos.
E seguimos a coidar dos nosos amorodos, algúns xa enraizaron e xa podemos cortar a ramiña que o unía co "amorodo nai"...
En inglés representamos os role-play, unhas obras de teatro moi interesantes.
En CCSS fixemos mapas babilonios en arxila branca,e os expusimos fora para que os poideran ver todos.
En desdoble de lingua xogamos a un xogo moi divertido de que dicían unha palabra e nós tiñamos que dicir se tiña til, i griega, h...
E en Arts & Crafts os que tiñamos material modificamos as nosas cortinas de follas de outono e os que non, comezamos unha lámina sobre as cores primarias foi moi divertido.
Gústavos como quedou?
Un saúdo dende "A sexta parada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario