En CCNN presentamos aos compañeiros todo o que aprendimos sobre a planta da que nos tivemos que facer expertos e amosámoslles o noso "caderno de plantas".
No proxecto interdisciplinar "¡Que las cartas te acompañen!" escribimos e intercambiamos cartas entre os diferentes personaxes.
En inglés tamén aprendimos a escribir cartas formais, fixemos un puzzle como primeira actividade para aprender as diferentes partes e as diferencias entre as cartas formais en castelán e en inglés. Escribimos unha carta individualmente para practicar, e en folio xiratorio creamos personaxes e enviámoslles cartas a outros equipos cooperativos, que tiñan que contestarnos.
Agora estamos preparando un Role-playing no que simularemos unha situación na que un é un experto e outro lle pide información. Estamos preparando o diálogo, atrezo, etc.
No desdoble de lingua, os nenos do equipo1, 2 e 3 estiveron con Alba inventando un conto cun puzzle.
E o venres fumos ao MUNCYT e ao planetario. No MUNCYT realizamos uns talleres sobre enerxía nos que aprendimos a cadea de transformación da enerxía nun camión que parecía do futuro!
Vimos o avión boing 747, que era un avión de luxo no que incluso tiñan videoxogos nos asentos :) E coñecimos aos robots que viven no MUNCYT.
E realizamos uns experimentos moi divertidos nos que xogamos a chear bolsas con dióxido de carbono, disolver poliespan en acetona, etc.
Na Casa das Ciencias fumos ao planetario e aprendimos a situar os puntos cardinais, a atopar diferentes estrelas e constelacións. Encantounos!! E tivemos tempo para visitar tamén algunhas das exposicións que había nas demais plantas, como non, visitamos a incubadora dos pitiños!
Ata a semana que ven!
Un saúdo dende "A sexta parada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario